ALCALDÍA

Destacados especialistas analizan en Compostela a situación actual e os retos da atención á diversidade no sistema educativo

14/12/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participou no Palacio de Congresos no acto inaugural da V Xornada Debate do Observatorio Estatal da Discapacidade (OED), que baixo o título "Discapacidade e educación" organizan a Xunta de Galicia e o OED. No encontro, representantes do Ministerio de Educación e da Consellería de Educación, membros del movemento asociativo da discapacidade e profesionais do ensino analizan a situación actual, retos e obxectivos da atención á diversidade no sistema educativo.

A resposta que o sistema educativo español dá aos 30.643 alumnos con necesidades educativas especiais que cursan estudios non universitarios, a necesidade dun rexistro sobre estudantes universitarios con discapacidade, e as achegas que dende o ámbito lexislativo poden contribuír á inclusión da diversidade no sistema educativo para unha verdadeira educación que integre as necesidades de todos os alumnos son algúns dos temas a tratar na V Xornada Debate do OED.

Ademais do alcalde, participaron no acto inaugural a secretaria xeral de Política Social e Consumo do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, Isabel Martínez; o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez; o presidente da Fundación para a Promoción e Apoio ás Persoas con Discapacidade-FUTUEX, entidade xestora do Observatorio Estatal da Discapacidade, Francisco de Jesús; a directora do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), Pilar Villarino; e o presidente de CERMI Galicia, Anxo Queiruga.

Direcciones relacionadas



Compartir: