EDUCACIÓN E MOCIDADE

Chega a VI Campaña de Animación á Lectura

03/04/2006 Baixo o lema "Un, dous, tres…que les?" chega a Compostela a nova Campaña de Animación á Lectura que promove o Departamento de Educación e Mocidade e Kalandraka Editora, en colaboración coa Galería Sargadelos, onde foi presentada.

Na campaña inclúense diferentes propostas dirixidas ao profesorado, aos nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 11 anos, obradoiros de ilustración e banda deseñada, sesións informativas con pais e nais para animar a ler, sesións didácticas na exposición e encontros con escritores e ilustradores.

Como vén sendo habitual, realizarase unha sesión formativa e de presentación da campaña para o profesorado, que terá lugar o luns 3 de abril ás 18 horas na Galería Sargadelos (Rúa Nova, 16), onde se facilitará o material didáctico da campaña para este curso escolar, calendario e outros materiais didácticos.

Compartir: