TRÁFICO

A Concellería de Tráfico lembra os cambios na circulación por mor da peatonalización provisional de dúas rúas do Ensanche

09/12/2011 A Concellería de Tráfico lembra que esta fin de semana se peatonalizarán as rúas República do Salvador (tramo entre Doutor Teixeiro e a Praza Roxa), e Xeneral Pardiñas (entre a República Arxentina e Montero Ríos).

O horario da peatonalización será o seguinte: desde as 12.00 h do sábado 10 ata as 20.00 h do domingo 11.

Polo tanto, queda prohibido o estacionamento e a circulación nos tramos sinalados de ambas rúas no horario indicado, excepto para autobuses urbanos, taxis, vehículos de urxencias (ambulancias, policía e bombeiros) e residentes con prazas de garaxe nos tramos afectados.

O sábado facilitaranse os labores de carga e descarga pero prégase aos condutores puntualidade na finalización da devandita tarefa. A hora limíte será as 12.00 h.

A peatonalización e os cambios que conleva estarán debidamente sinalizados e atendido por membros de Protección Civil e Policía Local, especialmente os puntos de corte.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar e invítaos a disfrutar da peatonalización.

Compartir: