ALCALDÍA

Recupérase a tradición da árbore de Nadal dentro do Pazo de Raxoi

09/12/2011 A entrada das dependencias do Concello no Pazo de Raxoi están presididas desde hoxe por unha árbore de Nadal. Recupérase deste xeito unha iniciativa que xa se levara a cabo en mandatos pasados.

Os cidadáns que se acheguen ata o Pazo de Raxoi serán recibidos con esta árbore decorada de arredor de dous metros e medio de alto ubicada a carón do mostrador dos consexes. O Concello quere con este detalle instalar o espíritu navideño tamen na casa municipal.

Compartir: