ALCALDÍA

Concurso de beléns e de ambientación dos negocios de hostalería para animar o Nadal compostelán

05/12/2011 A concelleira Reyes Leis presentou en rolda de prensa outras dúas actuacións que pon en marcha o Concello este ano para dinamizar as festas e animar a todos os cidadás a participar nelas: un concurso de beléns no que poderán inscribirse tanto particulares coma institucións e outro que premiará os negocios de hostalería mellor decorados.

O agasallo será unha escultura da estrela, bautizada para esta ocasión como "Compostrela", que sostén na man a "alegoría da cidade" que culmina a fonte da praza de Praterías. Ademais, os participantes do concurso de beléns recibirán un premio en metálico que poderán canxear por material de nadal no Centro Comercial Compostela.

O prazo para inscribirse en calquera dos dous está aberto ata o vindeiro 17 de decembro e as bases poden consultarse nos documentos adxuntos ao final desta noticia.

Reyes Leis animou á cidadanía a participar tanto no concurso de beléns, dándolle un novo pulo a un elemento clásico do Nadal, como no de ambietación dos negocios hostaleiros, co fin de que a cidade viva plenamente estas datas.

Compartir: