CULTURA

Os escolares do instituto Antón Fraguas charlaron co cantante de Maldita Nerea antes do concerto

02/12/2011 Finalmente foi o IES Antón Fraguas, situado en Fontiñas, o gañador e os seus alumnos e alumnas charlaron animadamente con Jorge Ruíz antes do concerto que Maldita Nerea vai ofrecer no Multiúsos Fontes do Sar. O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, estivo presente no acto.

Maldita Nerea visita Santiago de Compostela coa súa "Xira Fácil", presentando en directo o seu novo álbum, que viu a luz o pasado mes de maio alcanzando directamente o número 1 na lista oficial de venda de discos. Funambulista, que foi o grupo invitado en toda a xira de Maldita Nerea, presentará o seu último traballo; e o grupo madrileño Lagarto Amarillo adiantará en directo as novas cancións que irán incluídas no seu próximo álbum, que sairá á venda a principios de 2012.

Pero antes do concerto o vocalista de Maldita Nerea, Jorge Ruíz, mantivo un animado coloquio con alumnos do instituto Antón Fraguas, no que charlaron e debatiron sobre educación, motivación, perspectivas de futuro, e de todo o que preocupa aos máis novos.

Compartir: