FUNDACIÓN GRANELL

Un libro achega a memoria compostelana de Eugenio Granell

15/03/2006 O 16 de marzo ás 20 horas no primeiro andar do pazo de Bendaña sede da fundación Granell terá lugar a presentación das "Memorias de Compostela. Visión orlada de estrellas, islas, árboles y antorchas"", a obra literaria de Eugenio Granell onde evoca a cidade que lle serviu de marco á súa infancia e adolescencia, e que é testemuña muda da conformación do seu carácter libertario, curioso e profundamente creativo.

A devandita publicación sae do prelo coa axuda dos arquitectos Xerardo Estévez e Celestino Garcia Braña.

O acto estará presentado por Natalia Fernández, directora da Fundación Granell e filla de Eugenio Granell, e contará coa presenza do alcalde de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e presidente do padroado da fundación, e dos patrocinadores do libro, Xerardo Estévez e Celestino García Braña.

"Memorias de Compostela" contén a evolución de Granell na nosa cidade, e ilustran con tintes agarimosos os seus primeros anos. Amosan a un Granell singular e irrepetible, anticipo de todo o que o surrealismo ten de compromiso coa modernidade máis radical e coa búsca dunha expresión poética e artística dunha fonda raizame popular.

Compostela amósase como fructífero escenario dos seus fantásticos xogos, impregnados da imaxinación e a creatividade connatural a un neno, creatividade infantil moi valorada por Granell, que foi cultivada e revivida ó longo de toda a súa vida, co mesmo entusiasmo e a mesma curiosidade do artista que nunca desterra a arcadia da infancia: "Ya de niños ejercitábamos, sin darnos cuenta de ello, el arte de atizar fantasmagórias, ensueños y adivinaciones que no habrían de desaparecer del todo en el curso ondulante de la vida".

Compartir: