MEDIO AMBIENTE

Actividades de Nadal e nova zona verde no ensanche compostelán

01/12/2011 As concelleiras de Turismo, Reyes Leis, e de Parques e Xardíns, María Castelao, presentaron sendas iniciativas cun obxectivo: humanizar e revitalizar o ensanche a través dunha nova zona verde na costa das Camelias e de actividades na praza Roxa pensadas para esta época de Nadal.

Espazo verde na costa das Camelias

Nunhas semanas, a cascada ubicada na rúa Santo Domingo da Calzada será substitúda por zonas verdes axardinadas e decoradas con flores. Segundo sinalou a concelleira de Parques e Xardíns, María Castelao, a cascada filtraba auga ao aparcamento subterráneo da praza polo que se facía necesaria unha modificación. Ademais, o ensanche contaba coi moi poucos espazos verdes.

Deste xeito, empregarse aceiro galvanizado para crear uns maceteiros na estrutura da cascada nos que se poñerán plantas e flores, tanto arbustivas como de temporada, polo que se manterán con color todo o ano. O mesmo tratamento recibirá unha pequena parte ubicada na propia praza Roxa, entre a estrada e a zona de beirarrúa, na que actualmente había auga.

A edil fixo fincapé en que esta actuación, que non terá custo algún para o Concello xa que se fai en colaboración coas concesionarias Aquagest e Cespa, se enmarca no plan para mellorar e humizar o Ensanche en xeral e a praza Roxa en particular.

Actividades de Nadal na praza Roxa
Dentro do "Nadal Único" que prepara o Concello, a praza Roxa terá un lugar destacado. Esta zona do ensanche contará cun iglú de Papá Noel ata o que se poderán achegar os nenos a pedir os seus regalos entre o 15 e o 24 de decembro. Os paxes dos Reis Magos tomarán o relevo entre o 24 e o 4 de xaneiro.

A carón do iglú instalarse unha carpa con actividades para os máis pequenos. Os días 17, 18, 22 e 23 serán actividades de animación mentres que do 26 ao 4 realizaranse actividades de conciliación en colaboración coa Concellería de Benestar, polo que o pais poderán deixar os seus fillos na carpa mentres empregan o tempo para, por exemplo, ultimar as compras de Nadal.

Os nenos terán á súa disposición neste espazo unha ludoteca, espectáculos de maxia, obradoiros de cestería, papiroflexia, maquillaxe, plástica, a wii, etc. Ademais, cando se celebren as "Noites de compras" a carpa estará aberta ata as 23.00 horas.

Dentro desta campaña de compras nocturnas, que tan boa acollida tivo entre os comerciantes e cidadáns, farase un sorteo dunha viaxe a Eurodisney para 4 persoas, de 20 cheques regalo, e dunha fin de semana nun hotel-spa.
Estas actividades, segundo sinalou a concelleira Reyes Leis, estanse a realizar en colaboración cos comerciantes, que solicitaban medidas para dinamizar o Ensanche durante a campaña de Nadal.

Compartir: