ALCALDÍA

O alcalde inaugura as sextas xornadas de negocio internacional do Banco Sabadell

29/11/2011 O Palacio de Congresos está a acoller as Sextas Xornadas de Negocio Internacional organizadas polo Banco Sabadell, que foron inauguradas polo rexedor compostelán, Xerardo Conde Roa. O alcalde deulles a benvida e agradeceulles que escolleran Santiago como sede da xuntanza.

Conde Roa lembrou que Santiago é unha cidade que recibe millóns de peregrinos e polo tanto, unha cidade de acollida. A raíz disto, o rexedor fixo un parelelismo entre a incertidume dos tempos actuais e a que sentían os antigos peregrinos cando emprendían un camiño do que descoñecían case todo. "Hoxe en día estamos nunha sociedade na que o nivel de información e coñecemento resulta ata asfixiante ás veces e cando comparamos as incertidumes de fai séculos coas de hoxe a diferencia é evidente. Esta diferenza débenos levar a certo optimismo. Estamos nunha crise profunda pero tamén temos os mellores recursos para salir dela", salientou.

"E para saír da crise, para que os peregrinos puidesen chegar a Santiago, empezaron a xurdir no camiño institucións que daban cobixo e axuda. Hoxe en día as entidades financierias están facendo o mesmo, adaptándose ás necesidades, nun entorno complexo, pero non deixan de sera aquelas institucións ás que todos temos que acudir. Todos xuntos acadaremos o obxectivo soñado".

O alcalde lembrou que a historia do Camiño nos dá exemplos que nos levan a mirar o futuro con optimismo. "Pensemos que haberá un camiño de volta da crise da que sairemos con máis experiencia e máis acompasados no camiñar".

Documentos relacionados



Compartir: