MULLER

Un Camiño solidario contra a violencia de xénero

26/11/2011 Os actos programados pola Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) continuaron coa celebración dun Camiño solidario.

Un bo grupo de cidadáns de Compostela e doutros municipios uniuse a esta andaina solidaria, que partiu da praza de Lavacolla. Os que quixeron realizar un percorrido máis curto incorporáronse posteriormente no Monte do Gozo. A concelleira de Muller, Paula Prado, tamén participiou nesta marcha de sensibilización.

Os camiñantes remataron o Camiño solidario na praza do Obradoiro, onde se realizou unha breve concentración e se gardou un minuto de silencio en recordo das vítimas da violencia de xénero.

Compartir: