MULLER
Unha representación destes alumnos e alumnas (619) culminou o camiño de mans na praza do Obradoiro. Logo, gardouse un minuto de silencio en recordo das vítimas da violencia de xénero.
Paula Prado apuntou tras o acto que "o camiño da sensibilización debe iniciarse dende as idades máis pequenas". De aí a importancia de actos como este para "implicar aos centros escolares na loita contra a violencia de xénero".
Camiño solidario
Os actos programados continúan o sábado 26 co Camiño solidario, unha andaina que partirá da praza de Lavacolla ás 10:00 horas. Os que desexen realizar un percorrido máis curto poderán incorporarse en torno ás 11:30 horas na praza da Fonte (Monte do Gozo).
Os camiñantes, que en todo momento estarán acompañados por monitores e por un coche de apoio, chegarán sobre as 12:30 horas á praza do Obradoiro, onde se realizará unha concentración. Unha delegación municipal tamén participará na marcha.
Exposición
Tamén está prevista unha exposición fotográfica baixo o título Así é como vivo. Recollerá fotografías reais de fogares nos que viven mulleres e fillos que sofren situacións de violencia. Na preparación desta mostra, o Concello conta coa colaboración doutras administracións, que cederán as fotografías. En función da selección e do volume final da exposición, esta celebrarase na Casa das Asociacións de Benestar Social ou no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
Esta exhibición fotográfica transformarase logo en exposicións itinerantes por centros socioculturais e educativos da cidade. En principio está previsto están previstas dez exposicións itinerantes, sen prexuízo de que se poidan incrementar en función da demanda.
Os escolares de Santiago trazan un camiño de pegadas contra a violencia de xénero
25/11/2011 Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a cidade histórica foi o escenario da culminación do programa Esta é a miña man. Escolares de Compostela uniron as pegadas das súas mans como símbolo de unión na loita contra a violencia de xénero.
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, participou neste acto, que consistiu na formación dun gran camiño de mans, que alcanzou finalmente os 480 metros. 22 centros escolares e 4.587 alumnos participaron nesta iniciativa, que comezara nos propios centros educativos coa elaboración dos patróns das mans, de cor violeta e co nome de cada un dos escolares.Unha representación destes alumnos e alumnas (619) culminou o camiño de mans na praza do Obradoiro. Logo, gardouse un minuto de silencio en recordo das vítimas da violencia de xénero.