DEPORTES

Máis de 600 rapaces participarán nunha nova edición da Campaña de Minibásquet Memorial Lorenzo de la Torre

24/11/2011 O Deportes, Adrián Varela, presentou unha nova edición da Campaña de Minibásquet Memorial Lorenzo de la Torre, que durante sete meses se desenvolverá en varios pavillóns deportivos da cidade. Participarán 625 escolares de entre 8 e 11 anos.

Varela destacou o carácter "deportivo e educativo" desta iniciativa, que cada ano concita máis número de escolares. Por este motivo, o Concello decidiu dar máis cobertura ao evento, engadindo a maiores os pavillóns do Restollal e do Monte dos Postes para a competición, que habitualmente se celebraba unicamente nos pavillón Lorenzo de La Torre e no de Vite.

O concelleiro tivo palabras de agradecemento á Federación Galega de Baloncesto pola organización desta Campaña e a Gadisa pola súa colaboración económica.

Acompañaron ao edil na rolda de prensa Francisco Martín, presidente da Federación Galega de Baloncesto, e Iria Rodríguez, en representación de Gadisa.

Compartir: