ALCALDÍA

O alcalde inaugurou a sexta edición do Congreso de Compostela Monumental

15/11/2011 O presente e futuro do asociacionismo comercial debateuse no IV Congreso de Compostela Monumental, celebrado na sede da Confederación de Empresarios de Galicia.

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugurou este Congreso, nun acto no que tamén participaron a directora xeral de Comercio da Xunta, Nava Castro; o presidente da Confederación Española de Cascos Históricos, Santiago Martín; e o presidente de Compostela Monumental, José Manuel Bello. A continuación, abriu os relatorios o xerente do Centro Comercial Aberto "Palencia Aberta" e actual Premio Nacional de Comercio.

Os outros dous relatorios do Congreso foron os titulados A forza da unión: reto do comercio tradicional galego, a cargo de Antonio Amor, vicepresidente da Unión de Comerciantes Coruñeses, e Xosé Bangueses, presidente da Federación Foro Galego do Comercio; e Compostela Monumental, ¿que máis podemos facer do que xa facemos?, impartida por Francisco Javier Terán, director do Proxecto Innoempresa de Compostela Monumental e presidente de Red Consultora.

Compartir: