ALCALDÍA

O presidente da República de Eslovenia visita o Concello

10/03/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu hoxe, venres 10, ao presidente da República de Eslovenia, Janez Drnovsek, na Casa do Concello de Santiago.

O presidente Dronovsek, que estará en Santiago ata mañá, sábado 11 de marzo, recibiu de mans do alcalde unha edición facsímile do manuscrito de Nicola Albani Viaggio da Napoli à San Giacomo di Galizia (1743), que narra a peregrinaxe do autor de Nápoles a Santiago.

O presidente da República de Eslovenia asinou no Libro de Ouro da cidade.

Compartir: