CULTURA
Así, os interesados poderán gozar deste evento de forma totalmente gratuíta previa retirada de localidades nas billeteiras do Teatro Principal e do propio Auditorio ata completar o aforo. As entradas poden recollerse nas tardes do luns 14 e martes 15 ata que se esgoten e cun máximo de retirada de dúas entradas por persoa. O horario de billeteiras será de 15:00 a 22:00 horas na billeteira do Teatro Principal e de 17:00 a 20:00 horas o luns, e ata o comezo da gala o martes na do Auditorio de Galicia.
Debido a este traslado, anúlase a proxección da sección Os heroes non sempre levan capa de +Curtocircuíto prevista para ese mesmo día no Auditorio. Os interesados en asistir á proxección destas curtametraxes poderán facelo o 22 de novembro, ás 20:30 horas, no CSC do Castiñeiriño.
O Auditorio de Galicia acollerá a gala de entrega do Premio Cineuropa a Jorge Drexler
10/11/2011 Jorge Drexler, segundo dos premios Cineuropa 2011, recollerá o galardón nunha gala especial que se celebrará o martes 15 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia, e non no Teatro Principal como en principio estaba previsto.
A Concellaría de Cultura tomou esta decisión en vista da gran demanda e interese espertado entre o público ante a presenza do músico na cidade. Este cambio permitirá aumentar o número de localidades dispoñibles, que pasa de case 400 a 1.000, para asistir ao concerto gratuíto que Drexler ofrecerá durante esta gala.Así, os interesados poderán gozar deste evento de forma totalmente gratuíta previa retirada de localidades nas billeteiras do Teatro Principal e do propio Auditorio ata completar o aforo. As entradas poden recollerse nas tardes do luns 14 e martes 15 ata que se esgoten e cun máximo de retirada de dúas entradas por persoa. O horario de billeteiras será de 15:00 a 22:00 horas na billeteira do Teatro Principal e de 17:00 a 20:00 horas o luns, e ata o comezo da gala o martes na do Auditorio de Galicia.
Debido a este traslado, anúlase a proxección da sección Os heroes non sempre levan capa de +Curtocircuíto prevista para ese mesmo día no Auditorio. Os interesados en asistir á proxección destas curtametraxes poderán facelo o 22 de novembro, ás 20:30 horas, no CSC do Castiñeiriño.