BENESTAR SOCIAL

O Concello impulsa un programa de ocio alternativo dirixido aos adolescentes

28/10/2011 A Concellería de Benestar Social, levará a cabo un programa de prevención de drogodependencias dirixido á poboación adolescente co fin de consolidar formas de ocio alternativas. As primeiras actividades terán lugar esta tarde na praza Roxa e mañá sábado entre as 10 e as 12 en Cornes.

Este programa lévase a cabo seguindo o Plan de prevención de consumo de drogas do Concello de Santiago de Compostela. Baixo o nome de "Cultura urbana" o Concello ofertará diferentes actividades lúdicas durante o derradeiro fin de semana de outubro e durante os sábados do vindeiro mes de novembro.

Para a difusión deste programa os membros de Cultura Urbana acompañados por técnicos de Prevención de drogodependencias do concello, achegaranse aos institutos e aos centros socioculturais. Nestes espazos amosaranse aos alumnos diferentes accións que engloba este programa e difundirase as actividades mediante cartaces e dípticos coa correspondente información.

O programa Cultura Urbana engloba distintas actividades co fin de traballar na prevención do consumo de drogas a través de ofertas alternativas que atraian ó público adolescente. Actividades como"escola de breakdance" ou "escola de reggaeton" levaranse a cabo todos os sábados de novembro na casa asociación de Cornes e estará aberto a toda a poboación adolescente . Con esta acción o Concello pretende ofrecer á mocidade formas diferentes de ocio e tempo de lecer, así como a creación dun espazo de reflexión onde se contribúa á formación integral dos adolescentes traballando aquelas actitudes que reforcen a participación na realidade social dun xeito consciente e responsable tendo en conta as súas propias inquietuides e intereses.

Actividades

As actividades, todas de balde e sen necesidade de inscrición previa, comezan hoxe venres 28 de outubro na Praza Roxa, onde haberá un obradoriro de "Turntablism (DJ)" entre ás 18 e 19:30 horas. Continuarán mañá sábado en Cornes entre as 10 e as 12 da mañá, neste caso con "escola de breakdance e belly reaggeton".

O resto do programa desenvolverase os en distintos escenario da cidade, buscando sempre aqueles espazos nos que os mozos soen pasar o seu tempo libre. Trátase, como sinalou a concelleira de "saír ao seu encontro e darlles alternativas para que poidan desenvolver as súas capacidades e ao mesmo tempo inculcarlles habilidades sociais".

Ao longo do mes de novembro desenvolveranse polo tanto talleres de graffiti, skate board, beat box (sonidos musicais co corpo), rap ou capoeira que se completarán con coloquios nocturnos, planteados como conversas de igual a igual e non de adulto a adolescente.

Compartir: