DEPORTES

As rapazas da natación sincronizada chegan a Santiago tras cinco días de Camiño

28/10/2011 O equipo español de natación sincronizada foi recibido no Pazo de Raxoi polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa. Antes, mantiveron un encontro co presidente da Xunta, Alberto Núñéz Feijoo.

Tras cinco duros días facendo o Camiño de Santiago, as integrantes da selección española de natación sincronizada chegaron á Praza do Obradoiro. Despois das visitas institucionais, o equipo ao completo dirixiuse á Catedral para realizar unha invocación ao Apóstolo e pedirlle axuda para acadar novos éxitos nas citas deportivas vindeiras, entre elas as Olimpiadas de 2012.

O alcalde manifestou o orgullo de recibir un equipo "que representa a España e que nos fixo sentir tantas alegrías". Conde Roa pediulles ás deportistas que se convirtan en embaixadoras de Santiago.

A súa estancia en Santiago continúa mañá sábado, xornada na que terá lugar a actividade central desta visita. Baixo o lema "Ti preguntas", as campioas estarán no Auditorio a partir das 10.00 horas para compartir con todo o mundo que se queira achegar, especialmente cos nenos e nenas, a súa experiencia nun deporte tan duro e esixente como é a natación sincronizada. No aparcamento do Auditorio instalaranse hinchables para o desfrute dos máis pequenos.

Compartir: