ALCALDÍA

Encontro do alcalde compostelán con responsables da Garda Civil de Galicia e da Comandancia Militar da Coruña

18/10/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu o coronel Manuel Luis Arjonilla Ortega, comandante militar da Coruña. Posteriormente, conversou co xeneral xefe da Garda Civil de Galicia, Faustino Álvarez Sola.

Este foi o primeiro contacto institucional do alcalde cos responsables destes dous corpos militares. A ambos manifestoulles a máxima vontade de colaboración. Co responsable da Garda Civil en Galicia falou tamén da necesidade dun novo cuartel para o Corpo en Santiago, debido ao deterioro do actual das Cancelas. Conde Roa comprometeuse a "pelexar" pola construción desta nova sede.

Compartir: