ALCALDÍA

Encontro con representantes económicos e empresarios da construción de Galicia, Polonia, Marrocos e Alxeria

13/10/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, mantivo un encontro en Raxoi cos participantes da misión comercial inversa da construción e os seus provedores Galicia-Polonia, Marrocos e Alxeria. Este encontro, que consta de diversas conferencias e foros de negocios, celébrase en Santiago o 13 e o 14 de outubro.

O obxectivo deste encontro é informar das oportunidades comerciais que estes tres países ofrecen aos provedores galegos da construción e viceversa, e fomentar o establecemento de acordos de cooperación e traballo entre as firmas do sector destes países. Asisten 30 empresarios de Marrocos, Polonia e Alxeria, na busca de socios, colaboradores e provedores tanto de materiais e produtos como de servizos relacionados coa construción.

Compartir: