CENTROS SOCIOCULTURAIS

Xornadas sobre micoloxía e actividades en torno ao tren nos centros socioculturais

10/10/2011 O Centros Sociocultural da Rocha acolle neste mes de outubro unha exposición, complementada cunha conferencia sobre o ferrocarril. Tamén neste mes, os días 21 e 22, o Centro Sociocultural de Conxo e a Asociación Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo organizan unhas Xornadas Micolóxicas.

O martes 18 de outubro, ás 20:15 horas, inaugurarase a exposición A primeira liña do ferrocarril en Galicia: Cornes-Carril no Centro Sociocultural da Rocha. Alí estará aberta ata o 31 de outubro.

Esta mostra estará complementada por un encontro con Carlos Abellan Ruíz o martes 25 de outubro, tamén ás 20:15 horas. Presentado por José Luís Piñeiro Nóvoa, impartirá unha conferencia titulada Vicisitudes da estación do ferrocarril compostelán: historia, actualidade e futuro.

Conferencia, roteiro e exposición sobre micoloxía
Por outro lado, o 21 de outubro, José María Costa Lago, da Asociación Pan de Raposo, impartirá no Centro Sociocultural de Conxo, a partir das 20:30 horas, a conferencia Algúns cogomelos comestibles e as súas posibilidades de confusión.

Ao día seguinte, ás 9:00 horas, realizarase un roteiro micolóxico ao Pedroso para descubrir e identificar cogomelos. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, realizarase unha exposición, identificación e estudo dos cogomelos, cun pase de diapositivas.

Compartir: