DEPORTES

Presentada a XXXIV Carreira Pedestre

04/10/2011 A Carreira Pedestre chega neste 2011 á súa 34ª edición. A proba foi presentada en rolda de prensa na sede de El Correo Gallego, organizador da mesma. Alí estivo o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

Milleiros de deportistas sairán o domingo 30 de outubro da avenida de Xoán XXXIII para percorrer as rúas de Santiago ata a meta da praza do Obradoiro. Nesta edición, rematadas as obras, recupérase o percorrido tradicional por Galeras e Vista Alegre para subir pola avenida de Castelao.

Compartir: