ALCALDÍA

O alcalde e o arcebispo compostelán ratifican a vontade de colaboración

03/10/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co arcebispo de Santiago, Julián Barrio, na sede do Arcebispado.

Na reunión, alcalde e arcebispo falaron dos diversos ámbitos nos que o Concello e a Igrexa veñen colaborando, ratificando a vontade de continuar ese traballo no futuro. Este labor non se restrinxe unicamente á acción do Concello, senón tamén do Consorcio de Santiago, como se está a manifestar con motivo do 800 aniversario da Catedral, do Plan Director da mesma e de diversas intervencións sobre o patrimonio.

Compartir: