ALCALDÍA

Recepción á promoción de Dereito 1966-1971

02/10/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi a promoción de licenciados da Facultade de Dereito 1966-1971.

Foi un acto emotivo, no que o alcalde convidou a falar a José María Frutos, quen fora profesor seu e da devandita promoción 1966-1971. Conde Roa dixo del que foi nexo de unión para unha xeración de avogados. En nome dos integrantes da promocion falou Juan Trillo Alonso, maxistrado do Tribunal Supremo. Entre outros, tamén estaba presente Antonio Outeiriño, presidente da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Na sua intervención, o alcalde apuntou que "este encontro evidencia que os membros daquela promoción 1966-1971 conservaron a conciencia de ser promoción, e entenderon que a devandita conciencia era unha maneira de manter o ser universitario". Conde Roa referiuse tamén aos tempos que lles tocara vivir a esa xeración de estudiantes, recollidos incluso nun libro, e aos cambios que ten experimentado o Dereito a través das últimas décadas, protagonizando "a transición un Dereito sen Constitución a un Dereito plenamente constitucional".

Compartir: