EDUCACIÓN E MOCIDADE

Comeza unha nova edición dos concertos didácticos de música tradicional

02/03/2006 O venres 3 de marzo comeza o programa de concertos didácticos de música tradicional que terán lugar en diferentes centros escolares da cidade promovido polo departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago.

Con este programa preténdese que os máis pequenos coñezan a nosa tradición musical dun xeito lúdico e participativo. Trátase de converter a música nun mecanismo de desenrolo sociocultural, político e económico.

Para lograr este obxectivo, músicos de diferentes agrupacións falarán, nos colexios, sobre diversos temas como a morfoloxía e a sonoridade dos instrumentos, a súa utilización e evolución histórica, sobre os seus ritmos, a figura do gaiteiro e da pandeireteira, os romances de cego, as cantareiras, o canto coral con gaita; a construción dos instrumentos de música tradicional e interpretarán diferentes pezas musicais exemplificadoras dos contidos a tratar.

Beneficiaranse destas actividades máis de 3.500 alumnos de educación primaria e secundaria de vinte colexios da cidade. Os primeiros en participar serán os alumnos do IES. Arcebispo Xelmirez I e II, CEIP. Colexiata de Sar e A Milagrosa.

Compartir: