ALCALDÍA

O Cersia incorpora unha aula multimedia

26/09/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, inauguraron a Aula Multimedia do Cersia, incluída na Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e Inclusión
Tecnolóxica).

Esta aula multimedia permitirá ofrecer un amplo abanico de servizos orientados a impulsar las TIC e a sociedade da información entre os composteláns. Ofrecerá formación presencial, on-line ou mixta a cidadáns, profesionais, empresas, empregados públicos e axentes territoriais. Tamén acollerá charlas e xornadas de divulgación.

Compartir: