ALCALDÍA

Máis de 50 vehículos históricos desfilaron polas rúas e prazas da cidade

24/09/2011 Os automóbiles clásicos volveron á cidade da man da I Concentración de Vehículos Históricos "Compostela Monumental". Máis de 50 coches participaron neste evento.

Os vehículos reuníronse en torno ás 11:00 horas na praza do Obradoiro. Alí, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu os participantes, antes de que emprenderan un pequeño percorrido pola cidade.

Xa para a tarde, estaba previsto que a sede da Confederación de Empresarios de Galicia (rúa do Vilar) acollera unha serie de conferencias: dúas sobre a configuración do automóbil nas etapas 1836-1936 e 1936-1986, e outras dúas sobre mecánica.

Nesta I Concentración de Vehículos Históricos "Compostela Monumental" participaron vehículos de todo tipo e de todas as décadas. Mesmo desfilaron catro vehículos industriais e dous automóbiles militares que estiveron na Segunda Guerra Mundial. Os máis de 50 vehículos procedían de distintas partes de Galicia.

Compartir: