ALCALDÍA

O voluntariado do Dano Cerebral Adquirido reúnese en Santiago de Compostela

24/09/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugurou no Paseo Central da Almaeda as V Xornadas de Voluntariado e Dano Cerebral, organizizadas pola Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) no marco do Ano Europeo de Voluntariado. Neste encontro reúnense 55 voluntarios e voluntarias de toda España, que colaboran de xeito habitual coas asociacións de familiares e afectados por Dano Cerebral Adquirido (DCA).

Tras a inauguración houbo unha exhibición de obediencia canina a cargo do Refuxio de Bando. Foron persoas con dano cerebral asociados os que se encargaron da primeira parte da exhibición. Durante o resto do encontro, o voluntariado asistente compartirá experiencias e iniciativas para trasladarllas ao resto de asociacións. Ademais, recibirán formación en canto a manexo de situacións difíciles co dano cerebral e respecto aos apoios nas actividades básicas da vida diaria dunha persoa con DCA. Tamén se falará sobre as posibilidades de realizar un voluntariado europeo, no marco do Ano Europeo do Voluntariado.

Os coordinadores de voluntariado das asociacións tamén están en Santiago. Para eles estaba prevista una charla formativa a cargo de Javier Agrafojo, coordinador do servizo de participación e integración da USC. O tema da charla serán os proxectos de aprendizaxe-servizo e os seus beneficios para un programa de voluntariado.

FEDACE representa o movemento asociativo do DCA e agrupa a 33 asociacións territoriais de familiares e personas afectadas (9.000 socios). Entre estas entidades figura a Asociación de Dano Cerebral de Compostela "Sarela", constituída en decembro de 2000.

O Dano Cerebral Adquirido defínese como unha lesión súbita no cerebro que produce diversas secuelas de carácter físico, psíquico e sensorial, desenvolvendo anomalías na percepción sensorial e alteracións cognitivas na memoria e no plano emocional. Entre as causas máis habituais atópanse os traumatismos craneoencefálicos (TCE), os accidentes cerebro vasculares (ACV) ou ictus e os tumores cerebrais. Ao redor de 420.000 persoas viven con Dano Cerebral Adquirido en España.

Compartir: