ALCALDÍA

O Concello e FEBE colaborarán en accións formativas de ocio responsable

23/09/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu o director executivo da Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE), Bosco Torremocha de la Rasilla. Na reunión falaron de promover accións formativas dirixidas aos mozos para fomentar un ocio responsable.

Bosco Torremocha recordou que a súa entidade "quere transmitir valores como a responsabilidade no consumo de alcohol". Non obstante, recordou que hai "liñas roxas" que non se deben traspasar, como o consumo de alcohol antes de conducir, o consumo no embarazo ou consumo de alcohol por menores, cuestión na que defendeu "tolerancia cero".

No encontro formuloulle ao alcalde a posibilidade de realizar accións de formación dirixidas aos máis novos, co obxectivo de "inculcarlles valores". Recordou que a entidade xa vén colaborando con Concellos, DGT ou hostaleiros en diversos programas, como o do condutor alternativo. "A educación e a formación son as mellores formas de prevención", indicou.

Sobre a cuestión do botellón, apuntou que un dos obxectivos é "que os mozos saiban que o botellón non é forma razoable de consumir alcohol". Fronte a isto, Torremocha apostou por un "ocio responsable, no polo abuso". Tamén demandou unha implicación nesta materia de grupos políticos, pais, hostaleiros, etc.

Compartir: