ALCALDÍA

Santiago amplía a súa oferta cultural coa apertura do auditorio de Novacaixagalicia

20/09/2011 O Auditorio Novacaixagalicia únese aos espazos de difusión cultural da cidade. O novo complexo foi inaugurado nun acto ao que asistiu, entre outros, o alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa.

Tras máis de dous anos de obras, o antigo palacio dos Condes de Grimondi, no Preguntoiro, é agora o Auditorio Novacaixagalicia, un edificio polivalente con capacidade para 700 persoas. Acollerá as máis diversas manifestacións das artes escénicas e contribuirá a reforzar o papel de Compostela como área de convencións e congresos, demostracións ou outros eventos.

A superficie total construída é duns 2.000 metros cadrados, distribuídos en soto, plantas baixa, primeira e segunda, e dúas máis baixo cuberta. O arquitecto José Luís Pereiro realizou unha reforma interior para adaptar o interior deste inmoble, antes centro comercial.

Ademais do alcalde, asistiron a esta inauguración, entre outros, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e os copresidentes de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso e Mauro Varela. O acto contou coa actuación musical de Carlos Núñez.

Compartir: