ALCALDÍA

Os Príncipes de Asturias inauguran en Compostela o V Congreso de Cooperativismo Agrario

02/03/2006 "Compartindo Oportunidades" é o lema do V Congreso de Cooperativismo Agrario que foi inaugurado polos Príncipes de Asturias, o xoves 2 de marzo, e que se celebrará no Palacio de Congresos de Santiago, ata o venres 3.

Á inauguración asistiu o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen se amosou orgulloso de que Compostela fora elixida como marco para este encontro que ten lugar cada tres anos.

A celebración deste congreso supón mirar e camiñar hacia o futuro xa que, como explicou Sánchez Bugallo, "traballar polo entendemento e a posta en común das necesidade das cooperativas agrarias é traballar polo progreso e pola competitividade da agricultura e da gandeiría. É traballar por estar presentes nun mercado cada día máis globalizado, máis competitivo".

Pero para que as cooperativas galegas podan participar dun mercado competitivo é necesario "o apoio das administracións públicas". Sen ese apoio os agricultores non poderán afrontar novos retos e aproveitar as oportunidades que lles ofrece a internalización.

O alcalde da capital galega subliñou que "o cooperativismo conleva indisolublemente os valores de solidariedade e unión. Valores que son tamén propios do Camiño de Santiago".

Compartir: