ALCALDÍA

Homenaxe a José Luis Fernández, ex comisario da Policía de Santiago

16/09/2011 A Asociación Hostalería Compostela organizou unha homenaxe a José Luis Fernández Vázquez, ex comisario xefe da Policía de Santiago de Compostela. O alcalde, Xerardo Conde Roa, sumouse a este recoñecemento.

O acto serviu para agradecer a José Luis Fernández Vázquez a súa dedicación á fronte da Comisaría compostelá durante os pasados cinco anos. Fernández foi relevado a petición propia despois dun lustro marcado, segundo Hostalería Compostela, por "unha xestión responsable e sempre comprometida cos diversos sectores económicos da cidade, entre eles a hostalería, un colectivo especialmente importante co que mantivo unha excelente relación baseada no entendemento e cooperación mutua". A súa xestión –indican- caracterizouse "polos baixos niveis de delincuencia, a priorización da prevención fronte á represión e a defensa do papel social da policía".

Compartir: