ALCALDÍA

Conde Roa dá a benvida á nova directiva da Asociación de Veciños de Guadalupe

15/09/2011 O barrio de Guadalupe conta con nova directiva na súa asociación veciñal. Con tal motivo, realizaron unha presentación no parque Pablo Iglesias.

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, respondeu á invitación da directiva e acudiu a esta presentación. Aos novos representantes veciñais de Guadalupe desexoulles sorte no seu cometido e ofreceulles a máxima colaboración municipal.

Compartir: