ALCALDÍA

Reunion do alcalde e da concelleira de Medio Ambiente co director xeral de acuaNorte

15/09/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu a directivos de acuaNorte (Sociedad Estatal Aguas de las Cuencas del Norte S.A.), encabezados polo seu director xeral, Juan Carlos Martín Fragueiro. Na reunión tamén participou a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao.

AcuaNorte é un instrumento administrativo do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño encargado da execución das obras hidráulicas. Como tal, é o encargado da contratación e xestión das obras da futura Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta.

Compartir: