ALCALDÍA

Conde Roa escoita as demandas dos veciños dos barrios de Conxo e Vista Alegre

13/09/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse coa Asociación de Veciños Conxo Aberto. A continuación, mantivou un encontro coa Asociación Álvaro Cunqueiro, do polígono de Vista Alegre.

Varios concelleiros acompañaron o alcalde nestas dúas reunións, nas que os veciños destes dous barrios composteláns expresáronlles as súas principais demandas. Conde Roa falou cos representantes de Conxo, entre outras, de cuestións relativas ao tráfico e aos plans municipais de ampliar a Escola Infantil de Conxo nas instalacións do actual centro sociocultural, que se trasladaría á Casa das Asociacións de Cornes. Os veciños de Vista Alegre amosaron especialmente a súa preocupación pola marcha das obras da Área de Rehabilitación Integral.

Compartir: