ALCALDÍA

Recepción á futbolista Verónica Boquete

09/09/2011 O alcalde, Xerardo Conde Roa, recibiu a futbolista compostelá Verónica Boquete, quen viaxará en breve a Rusia para comezar a temporada co Energy Voronezh. No encontro estivo tamén presente o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

Conde Roa desexoulle sorte e éxitos a Verónica Boquete na súa nova aventura internacional, desta vez no Energy Voronezh, co que, ademais da competición rusa, xogará a Liga de Campións feminina. Cómpre recordar que a xogadora compostelá vén de ser elixida a mellor xogadora do ano da Women’s Professional Soccer (WPS) de Estados Unidos.

Compartir: