BENESTAR SOCIAL
O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS, en colaboración coa Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Colexio de Educación Infantil e Primaria Apóstolo Santiago, levou a cabo este proxecto, partindo das necesidades detectadas na zona USN e das propias demandas feitas pola Asociación. O programa permitiu aproveitar as infraestruturas e as posibilidades que brinda o colexio para a realización de actividades durante os días considerados non lectivos no calendario escolar, aínda que laborais para os pais e nais.
O campamento Vive e xoga coa multiculturalidade tivo un dobre obxectivo. Por un lado, foi un espazo para facilitar na Zona Urbana Norte a conciliación das vidas laboral e familiar. Polo outro, e baixo o lema da multiculturalidade, deu a coñecer aos rapaces e rapazas da Zona Urbana Santiago Norte a nosa propia cultura e tamén doutros lugares do mundo, e promoveu o respecto pola diversidade.
Partindo desta iniciativa, o Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS, traballa no deseño de proxectos e programas que teñan coma finalidade clara conciliar a vida laboral e familiar, mediante a realización de actividades e actuacións coeducativas, socioculturais e de ocio. Isto traducirase en medidas destinadas a crear na Zona Urbana unha rede de servizos e programas orientados a esta conciliación.
Esta iniciativa está incluída na medida denominada Programas de dinamización social, igualdade de oportunidades, formación e educación de colectivos en risco de exclusión no marco do Proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Entrega de diplomas aos participantes no campamento de conciliación familiar do Urbana Santiago Norte
09/09/2011 O Campamento de Conciliación Familiar Xoga e vive a multiculturalidade, incluído no Urbana Santiago Norte, concluíu coa entrega de diplomas aos participantes. A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado presidiu a cerimonia, celebrada no CEIP Apóstolo Santiago.
Trinta rapaces, alumnos e alumnas do CEIP Apóstolo Santiago participaron neste campamento, que se desenvolveu dende o 1 de Setembro neste centro escolar en sesións matinais de 08:30 a 14:30 horas. Grazas ao mesmo, os rapaces, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, participaron en actividades recreativas e de lecer.O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS, en colaboración coa Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Colexio de Educación Infantil e Primaria Apóstolo Santiago, levou a cabo este proxecto, partindo das necesidades detectadas na zona USN e das propias demandas feitas pola Asociación. O programa permitiu aproveitar as infraestruturas e as posibilidades que brinda o colexio para a realización de actividades durante os días considerados non lectivos no calendario escolar, aínda que laborais para os pais e nais.