ALCALDÍA

O alcalde tende pontes de colaboración cos empresarios do polígono do Tambre

06/09/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, desprazouse á sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre para manter unha reunión coa directiva desta entidade. No encontro repasaron as principais demandas e necesidades desta área industrial e trazáronse liñas de colaboración para o futuro.

Os empresarios do Tambre, co seu presidente, Jesús Chenel, á cabeza, explicáronlle ao alcalde as súas principais reivindicacións. En particular, falaron de temas como a duplicación da ponte de acceso ao polígono, a conexión coa autopista AP-9, os enlaces cos novos polígonos, as ordenanzas ou os problemas de estacionamento, vixilancia e limpeza.

Compartir: