ALCALDÍA

O alcalde compostelán reuniuse en Raxoi co presidente da S.D. Compostela

02/09/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu o presidente da S.D. Compostela, Antonio Quinteiro. Este explicoulle o novo proxecto do club, que ten o obxectivo de volver á elite no menor tempo posible.

Alcalde e presidente estiveron acompañados na reunión polo concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e polo vicepresidente da entidade, Héctor Pardo. Todos eles falaron da nova temporada en Rexional Preferente, recentemente comezada, e de posibles liñas de colaboración entre o Concello e a S.D. Compostela.

Compartir: