ALCALDÍA

Primeira toma de contacto de Conde Roa cos directivos da concesionaria Urbaser

02/09/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse con Santiago Alonso, director xeral de Urbaser, a concesionaria do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria no Concello. Tamén participaron na reunión o xerente da empresa en Santiago, Antonio Gómez, e o concelleiro de Barrios, Recollida do Lixo e Limpeza Viaria, Juan de la Fuente.

A reunión foi unha primeira toma de contacto entre os directivos de Urbaser e o alcalde tras a toma de posesión da nova Corporación. Quedaron emprazados para novas reunións nas que tratar algúns aspectos importantes que afectan á concesión do servizo de recollida do lixo no municipio.

En particular, o alcalde referiuse á débeda de 5,1 millóns de euros que o Concello mantén con Urbaser: "Son servizos prestados e hai que pagalos, e estivemos falando basicamente sobre como facer fronte ao pago dunha factura que se segue incrementando e que pode chegar aos 6 millóns de euros a finais de ano". Indicou que se estudarán as posibilidades e agradeceu a "dispoñibilidade da empresa á negociación e a dar felicidades".

Compartir: