DEPORTES

Recepción ao Arteal Tenis de Mesa antes dunha nova competición internacional

01/09/2011 O club Arteal Tenis de Mesa disputará durante a fin de semana en Eslovaquia a primeira ronda da ETTU Cup. Antes de marchar, os concelleiros Adrián Varela e Amelia González recibiron o equipo en Raxoi.

Os concelleiros desexáronlles aos xogadores sorte e éxitos na competición. Ademais, agradeceron ao club a súa aposta de tantos anos por un deporte minoritario como o tenis de mesa, pero que xa acumula moitos anos levando o nome de Santiago por España e Europa.

O Arteal Tenis de Mesa enfrontarase en Eslovaquia ao equipo local do Stavoimpex Holic, ao Citibank Verton (Bélxica), ao Tischtennis Sportklub Wien (Austria) e ao Buducnost (Montenegro). Os tres primeiros clasificados pasarán á segunda ronda da competición.

Compartir: