ALCALDÍA

O alcalde compostelán, pregoeiro na Festa do Galo Piñeiro de O Pino

07/08/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, exerceu de pregoeiro na Festa do Galo Piñeiro do Concello de O Pino. Alí gabou as excelencias deste manxar, das festas da localidade e das súas xentes.

Conde Roa agradeceu no seu discurso a elección como pregoeiro das festas, aínda que manifestou que o mellor pregoeiro sería un dos galos da localidade, pois "non esquezamos que o galo é pregoeiro pola súa propia natureza: todas as mañás adoita pregoar a chegada dun novo día".

Falou do privilexio que suponía para O Pino, ter galos "con apelidos ou adaxectivos", xa que "vós tedes un galo particular, que é o galo piñeiro, pero é que, ademáis, ten outro adxectivo: é tamén un galo xacobeo, pois por este Concello pasa o Camiño".

O rexedor municipal recordou que "xa levaba anos pregoando a miña amizade con algunhas xentes de O Pino" e que, tras a honra de ser pregeoeiro, "pasarei outros tantos anos pregoando a amabilidade de todas as súas xentes e as posibilidades e excelencias deste Concello". No pregón tamén houbo un momento para gabar a mostra cabalar, que se celebra en paralelo á exaltación do Galo Piñeiro.

Compartir: