BENESTAR SOCIAL

Mil douscentos quilómetros para dar a coñecer a parálise supranuclear progresiva

02/08/2011 A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, recibiu o peregrino Lluís Carbonell na praza do Obradoiro. Chegou a Santiago despois de percorrer a pé 1.200 quilómetros dende a localidade catalá de Cerdanyola del Vallès (Barcelona), co obxectivo de dar esta enfermidade minoritaria, a causa da cal falecera súa nai.

Lluís Carbonell está a contar toda a súa experiencia a través dun blog. Alí relata as vivencias dos 47 días deste reto, que como el mesmo di, ten por fin "encontrar a esperanza para todos os enfermos de parálise supranuclear progresiva (PSP) e familiares". En todas as localidades de paso foi informando sobre a enfermidade e os problemas que afectan aos que a sofren.

A parálise supranuclear progresiva é un raro desorde do cerebro que provoca permanentes problemas co control da forma de andar e do equilibrio. O signo máis evidente da enfermidade é a incapacidade de orientar os ollos dunha forma axeitada. Os pacientes de PSP presentan a miúdo alteracións do humor e do comportamento, entre elas a depresión a apatía, así como demencia leve progresiva.

Paula prado expresou a "satisfacción" que lle producía recibir a Lluís Carbonell e destacou a súa "valentía" para levar a cabo unha iniciativa como esta. Pola súa parte, o camiñante agradeceu o recibimento e "todo o calor humano" atopado ao longo do percorrido. "A miña esperanza é que algún día os enfermos de PSP poidan ter unha vida máis normal", dixo.

Despois de Santiago, á expedición quédanlle aínda outras tres etapas, ata Fisterra.

Compartir: