CENTROS SOCIOCULTURAIS

Amplíase ao mes de agosto o ciclo de cine ao aire libre "Os clásicos á rúa"

02/08/2011 Debido ao gran éxito de público, a Concellería de Centros Socioculturais decidiu prorrogar durante este mes de agosto o ciclo de cine Os clásicos á rúa, que se realizou de balde na praza de San Martiño Pinario todos os mércores de xullo.

Os filmes seguirán proxectándose os mércores, ás 22:30 horas, na mesma praza de San Martiño Pinario. O calendario é o seguinte.

Mércores 3 de agosto. Con faldas y a lo loco, Billy Wilder (1959).

Mércores 10 de agosto. Blade Runner, Ridley Scott (1982).

Mércores 17 de agosto. Cabaret, Bob Fosse (1972).

Mércores 24 de agosto. Con la muerte en los talones, Alfred Hitchcock (1959).

Este ciclo de clásicos será o preludio dun programa máis ambicioso de cine de carácter educativo e multidisciplinar que desenvolverá nos vindeiros meses a Rede Municipal de Centros Socioculturais de Santiago.

Compartir: