DEPORTES

Entrega de trofeos do Campionato de Chave

30/07/2011 Rematou na Alameda unha nova edición do Campionato de Chave, competición xa tradicional nas Festas do Apóstolo. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu ás finais e á posterior entrega de premios.

O Campionato de Chave cumpriu xa a súa edición número XXIII na categoría masculina e a V na feminina. Toda unha oportunidade para trasladar á competición un deporte de tanto arraigo en Santiago como é a chave. Pero sobre todo, este campionato é cada ano unha festa e unha reunión de afeccionados a esta disciplina.

Compartir: