FESTAS

Éxito de participación no Día do Neno

28/07/2011 Os máis pequenos disfrutaron de todas as actividades programadas para o Día do Neno, dentro da programación das Festas do Apóstolo. Foi unha intensa tarde de xogos, inchables, animación, teatro e karts.

As actividades comezaron cos inchables acuáticos instalados nas piscinas de Sar. O bo tempo acompañou e permitiu aos pequenos vivir unha tarde de piscina diferente e moi animada.

Os que preferiron quedar na cidade puideron divertirse coa animación itinerante que discorreu entre a praza do Toural e a Alameda. Neste último lugar, e máis en concreto no Paseo dos Leóns, Titeres Cachirulo representou Alicia no país das marabillas.

Noutro espazo da cidade, na Praza Roxa, os rapaces mostraron a súa destreza ao volante nun circuíto de karts a pedais, e participaron nas diversas actividades do Circo Ludoteca.

Vestusta Morla
A achega musical da xornada fíxoa Vetusta Morla, que encheu a praza da Quintana, confirmándose como un dos concertos máis agardados destas Festas do Apóstolo.

Compartir: