DEPORTES

Os cativos amosarán a súa destreza coa bicicleta de montaña na Granxa do Xesto

27/07/2011 A Granxa do Xesto, no Monte Pedroso, acollerá o sábado 30 a IV Mini Mountain Bike Premio Aquagest. Esta proba, organizada polo Equipo Ciclista Aquagest, en colaboración co Concello de Santiago e a propia empresa Aquagest.

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou esta competición, puntuable para o Open Novacaixagalicia de mini mountain bike. A proba está dirixida a nenos e nenas galegos e contará coa participación de 11 equipos. Na presentación tamén participaron o director territorial de Aquagest, Henry Laíño, e o director técnico do Club Ciclista Aquagest, Juan Rey.

Varela destacou a importancia de probas como esta para "promoción do deporte de base", aspecto que reiterou como compromiso municipal. Ademais, valorou que empresas privadas se impliquen neste tipo de competicións. Neste sentido, Henry Laíño, afirmou o compromiso de Aquagest cos "deportes minoritarios" e o desexo de consolidar esta proba en torno a estas datas das Festas do Apóstolo.

Esta competición de Santiago é moi valorada por todos os equipos, xa que, segundo explicou Juan Rei, o entorno da área recreativa da Granxa do Xesto resulta "perfecta" para deseñar os circuítos en todas as categorías. A zona ten todas as comodidades, como estacionamento, zona de boxes, auga, restaurante, etc. Ademais, resulta moi vistoso e o público pode ver en todo o momento desenvolvemento das probas.

Esta competición de Santiago é a sétima proba puntuable do Open Novacaixagalicia de mountain bike, circuíto creado hai cinco anos para os nenos e nenas galegos. Rexistra unhas altas participacións e xa formou ciclistas que agora participan con éxito nos seus clubs en categorías superiores. O Open consta de 17 probas por toda Galicia.

O Equipo Ciclista Aquagest organizará outra proba en Santiago, neste caso o circuito autonómico de ciclocross, no mes de novembro.

Compartir: