ALCALDÍA

Conde Roa participou na ofrenda a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres

25/07/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu á Ofrenda Floral organizada pola Fundación Rosalía de Castro.

Conde Roa colocou o ramo co que o Concello de Santiago se sumou a esta ofrenda floral, na que se recordou a Rosalía de Castro. Neste 2011 cúmprense 20 anos do traslado dos restos da poeta ao panteón dende o cemiterio de Iria Flavia.

Diversas autoridades participaron no acto, que contou coa actuación musical de Amancio Prada. A ofrenda pechouse coa interpretación do Himno Galego.

Compartir: