FESTAS

Conde Roa uniuse á concentración de automóbiles antigos da praza do Obradoiro

23/07/2011 Trinta e sete coches antigos permaneceron expostos na praza do Obradoiro para deleite de curiosos, nunha das actividades incluídas nas Festas do Apóstolo. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, non quixo perdese a mostra e entrou coa súa familia na praza a bordo dun dos vehículos.

Os coches do Club Galego de Automóbiles Antigos chegaran na xornada anterior procedentes de Santander, tras percorrer o Camiño Xacobeo do Norte. Numerosos visitantes e curiosos achegáronse a visitar estes coidados e relucentes vehículos.

Compartir: