FESTAS

As rúas de Santiago trasladáronse ao século XIX grazas aos arrieiros de Os Quinquilláns

23/07/2011 A compañía Os Quinquilláns levaron o seu teatro itinerante polas rúas de Compostela nunha nova xornada das Festas do Apóstolo.

Os Arrieiros de Os Quinquilláns partiron dende a adega cun gran pipo de viño para embarcalo no peirao con destino a Inglaterra. Unha viaxe fantástica na que os arrieiros se atoparon con distintos personaxes e situacións que fixeron do seu camiño unha odisea.

Saíndo da praza do Toural, Os Quinquilláns trasladaron as rúas de Compostela ao século XIX, convidando os paseantes a participar na representación. Bonecos xigantes, personases históricos, cancións e moito teatro para todos os públicos.

Compartir: