DEPORTES

Recibimiento aos deportistas composteláns participantes nos Xogos do Eixo Atlántico

14/07/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, saudaron aos participantes na IX edición dos Xogos do Atlántico, celelebrada na localidade portuguesa de Matosinhos do 3 ao 8 de xullo. 62 deportistas composteláns (36 mozos e 26 mozas) participaron nesta competición.

Un ano máis, os xóvenes deportistas composteláns realizaron un bo papel, destacando o segundo posto na competición de fútbol ou a terceira no baloncesto masculino. Os santiagueses foron quintos en atletismo, tanto na categoría masculina como na feminina, con victorias en varias probas.

Cos deportistas composteláns competiron preto de 1.500 deportistas con idades ata os 16 anos de 23 cidades galegas e portuguesas.

Compartir: